Que é o MCER?

O Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER) é un estándar europeo que define os niveis de competencia nunha lingua estranxeira e establece escalas que permiten determinar os graos de competencia lingüística. O MCER establece unha serie de niveis que serven como punto de referencia no campo da aprendizaxe e o ensino de idiomas, tamén en moitos países non europeos.

Por outra banda, permite abordar desde un novo enfoque a planificación dos obxectivos e métodos do ensino de idiomas e, sobre todo, proporciona unha base común para o deseño e elaboración de programas, manuais, exames, diplomas, certificados…

O MCER foi publicado polo Consello de Europa en 2001, e responde ao obxectivo principal que desde este organismo se perseguía, que non era outro que acadar unha maior unidade entre os seus membros desde un enfoque común no ámbito cultural. Neste sentido, constitúe tamén unha ferramenta para promover o plurilingüismo.

Características xerais do MCER

Establece 6 niveis comúns de referencia nos que se describen as competencias lingüísticas necesarias para acadar cada un deses niveis:

Nome Descrición Abreviación
Breakthrough O usuario pode entender e utilizar expresións moi básicas para satisfacer necesidades concretas: presentarse a si mesmo e a outros, responder e facer preguntas sobre detalles persoais tales como a idade, o lugar de residencia… A1
Waystage O usuario pode comprender enunciados e expresións de uso común, relacionadas con actividades tales como as compras, a familia, o emprego… Así mesmo pode construír oracións sinxelas para describir tarefas simples e/ou aspectos da súa contorna. A2
Threshold O usuario pode podo facer fronte á maioría de situacións que un pode atopar mentres viaxa por unha área onde se fala o idioma. Pode participar nunha conversación sobre temas que lle sexan familiares ou relativos á vida cotiá. Do mesmo xeito pode describir experiencias e eventos, así como expresar opinións. B1
Vantage O usuario pode entender as ideas principais dun texto complexo; pode interactuar sen moita dificultade con falantes nativos; pode producir textos claros e detallados en diversos temas, así como explicar o seu punto de vista ao respecto... B2
Effective Operational Proficiency O usuario pode entender oracións longas e recoñecer significados implícitos; pode expresar as súas ideas con fluidez e espontaneidade, sen pensar moito na maneira de expresarse; pode utilizar o idioma de maneira flexible e efectiva para propósitos sociais, académicos e profesionais; pode producir textos claros, ben estruturados e detallados sobre temas complexos, mostrando o uso correcto de mecanismos de organización, articulación e cohesión do texto. C1
Mastery O usuario non ten dificultade para comprender a linguaxe oral, xa sexa en persoa ou a través dos medios de comunicación; pode ler sen esforzo calquera tipo de texto, independentemente do seu nivel de complexidade, por exemplo, un manual, un artigo especializado ou unha obra literaria; pode participar sen esforzo en calquera conversación, aínda que sexa nunha linguaxe coloquial; pode expresar matices sutís de significado tanto en textos informais como en artigos ou informes complexos; etc. C2

Introduce os compoñentes da competencia comunicativa:

  • O compoñente lingüístico, inducido pola natureza das tarefas e as situacións de comunicación. Inclúe os coñecementos e destrezas en relación ao léxico, a sintaxe e a fonoloxía.
  • O compoñente sociolingüístico (moi próximo á competencia sociocultural). Falar non consiste só en construír enunciados dotados de coherencia e significado, senón que é un fenómeno social. Aquí entran en xogo trazos relacionados co uso da linguaxe: marcadores de relacións sociais, regras de cortesía, expresións de sabedoría popular, dialectos e acentos.
  • O compoñente pragmático, que establece o vínculo entre o falante e a situación, no relativo ao dominio do discurso, a cohesión e a coherencia, a identificación de tipos e formas de texto, a ironía e a parodia.

Presenta unha división da competencia comunicativa en actividades de comunicación lingüística, que podemos dividir en:

  • Habilidades de recepción: escoitar, ler
  • Habilidades de produción: expresión oral e escrita
  • Habilidades para a interacción: participar nunha conversación
  • Habilidades de mediación, sobre todo no referente a actividades de tradución e interpretación

Destaca a importancia das tarefas e o seu papel fundamental na aprendizaxe de linguas. Segundo nos di, o uso da linguaxe non pode separarse das accións realizadas por quen é ao mesmo tempo falante e membro da sociedade. Dende esta perspectiva, poderiamos definir o marco como unha suma dos niveis de habilidades lingüísticas e non lingüísticas que entran no desempeño das tarefas. Este enfoque ten implicacións para a aprendizaxe e o seu deseño porque significa clasificar as actividades da linguaxe e combinalas, priorizar as dificultades e asociar o dicir co facer.

Proposta didáctica

Como podemos introducir e poñer en práctica un concepto tan normativo como é o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER) nun instituto de secundaria?

Para responder a esta pregunta o noso grupo decidiu imaxinar unha clase na que conviven catro idiomas europeos ademais da lingua vehicular, que neste caso sería o español. Así, na nosa aula habería unha alumna ou alumno grego, outro portugués, outro alemá e outro francés. Serían estes catro alumnos os que ensinarían á clase palabras do seu vocabulario básico, de nivel A1. Este modelo permitiría eliminar a barreira común entre o profesor e o alumno, convertendo ao mestre nun alumno máis que se enriquece dos coñecementos do seu alumnado.

Os obxectivos concretos serían, como dicimos, os seguintes:

  1. Que os membros da clase acadaran un nivel básico (A1) nas catro linguas presentadas. Para pechar aínda máis o traballo, dado que a esta actividade non poderemos destinar máis de tres ou catro sesións, decidimos centrarnos naqueles aspectos da lingua máis léxicos e fonéticos, isto é, aprender a dicir os números, os días da semana, os meses do ano, as formas básicas de saúdo e cordialidade, etc.
  2. Outro dos aspectos que permitiría tratar esta actividade é o achegamento do alumnado á cultura e á forma de tratamento dos seus compañeiros. Isto estaría relacionado coa parte social das linguas, que permiten tecer vínculos entre os integrantes das comunidades e normalizar e integrar os aspectos novidosos do seu xeito de comunicarse.

Contexto e temporalización

En canto ao cronograma e o alumnado ao que podería ir dirixido, consideramos que esta actividade sería realizable en calquera dos cursos da ESO, xa que non trata de adquirir coñecementos específicos do currículo de secundaria, senón que pretende achegar un coñecemento transversal do uso das linguas e a súa importancia social. Sería polo tanto de gran utilidade en sesións de titoría, aulas de linguas estranxeiras ou de lingua castelá e galega.

Dúas ou tres sesións serán suficientes, dependendo das horas semanais de cada materia. A actividade sería complementaria aos contido oficiais, polo que mesmo podería ser útil para finalizar algunha das sesións dun xeito máis ameno.

Avaliación

A finalidade destes cuestionarios é avaliar o nivel de consciencia tanto do alumnado coma do profesorado da complexidade da realidade lingüística da aula e de cada un dos individuos que a integran e comprobar se estes niveis se incrementaron grazas á actividade.

Asimesmo, preténdese, amén de adquirir aquelas habilidades que integran o nivel A1 das linguas traballadas, que as persoas participantes desenvolvan unha maior curiosidade cara ás mesmas e se sensibilicen coa situación daqueles falantes que en contextos coma os da aula deben expresarse nalgunha segunda lingua. Esperamos da actividade que cada participante teña que experimentar esa situación e que o cuestionario revele que un entorno lúdico favorece un maior confort á hora de afrontala e unha actitude positiva cara a adquisición de novas linguas.

Por último, procúrase obter un retorno por parte dos participantes sobre a actividade mesma para modificala e axustala segundo sexa necesario.

Avaliación previa ás actividades

En que medida se atopa vostede cómodx empregando algunha(s) lingua(s) distinta da(s) súa(s) primeira(s) lingua(s)? (Indicar nunha escala de 1-8, sendo 1 o mínimo e 8 o máximo)

En que medida pensa que coñece a diversidade lingüística do grupo-aula? (Indicar nunha escala de 1-8, sendo 1 o mínimo e 8 o máximo)

Cantas linguas coida que coñece o grupo-aula, incluíndose vostede mesmx? Cales?

En cantas desas linguas é vostede quen de presentarse/recoñecer números de 1-10 ou termos que designen os días da semana ou os meses/empregar algunha fórmula de de cortesía (bo día/por favor/grazas...)?

Coida que tería interese agora ou no futuro en aprender ou afondar no coñecemento dalgunha desas linguas? E noutras?

Avaliación tras a realización das actividades

En que medida se atopa vostede cómodx agora empregando algunha(s) lingua(s) distinta da(s) súa(s) primeira(s) lingua(s)? (Indicar nunha escala de 1-8, sendo 1 o mínimo e 8 o máximo)

Coida que a actividade supuxo algunha diferencia neste aspecto?

En que medida pensa que coñece agora a diversidade lingüística do grupo-aula? (Indicar nunha escala de 1-8, sendo 1 o mínimo e 8 o máximo)

Coida que sobreestimou o seu coñecemento previo? Por que?

Cantas linguas coida que coñece agora o grupo-aula, incluíndose vostede mesmx? Cales?

En cantas desas linguas é vostede quen de presentarse/recoñecer números de 1-10 ou termos que designen os días da semana ou os meses/empregar algunha fórmula de de cortesía (bo día/por favor/grazas...)?

Coida que a actividade supuxo algunha diferencia neste aspecto?

Coida que tería interese agora ou no futuro en aprender ou afondar no coñecemento dalgunha desas linguas? E noutras?

Sobre a actividade, en que medida considera que foi: (Indicar nunha escala de 1-8, sendo 1 o mínimo e 8 o máximo)

a) Útil para vostede

b) Útil para o grupo-aula

c) Satisfactoria para vostede

d) Satisfactoria para o grupo-aula

Que aspectos positivos destacaría da mesma? E que aspectos considerou negativos? Como considera que podería mellorarse?

Jeu de la vache qui Tâche

Con este xogo, activaremos na aula unha pequena comunicación en cada unha das catro linguas implicadas no proxecto. Trátase de manter ao alumnado coa máxima atención posible posta na comprensión e expresión das novas linguas, así como no feito de pensar nelas. Traballaremos os numerais, as fórmulas de saúdo e agradecemento, un pouco de vocabulario de léxico (vaca, mancha) e verba dicendi (chamo a...) e a capacidade de autocorrección.

Se ben é certo que, orixinalmente, este xogo se practica en certas aulas de lingua francesa (onde se exercita a fonética mediante a activación da función poética -tache/vache como aʃ]/aʃ]-), pretenderemos aplicalo tamén aos outros tres idiomas que conforman o proxecto. Repetiremos o xogo para cada lingua, para conseguir pechar en cada unha delas un ciclo comunicativo.

Funcionamento do xogo e necesidades materiais

Precisaremos un elemento co que poder manchar a pel: orixinalmente xógase cunha rolla queimada, de xeito que a borralla pode deixar unha marca negra na pel, mais poden ser válidas tamén outro tipo de pinturas de pel, como lapis de ollos ou mesmo pinturas para a cara típicas do entroido. Tamén será necesario un obxecto -calquera- que o alumnado poida ilo pasando de man en man. Con isto xa é posible comezar a xogar.

O alumno coñecedor da lingua coa que se está a xogar iniciará dicindo Eu son a vaca sen manchas número un e chamo, por favor, pola vaca sen manchas número dous. No caso de equivocarse nalgún punto (non reproducir exactamente a fórmula, equivocarse no número, na conxugación...), deberá debuxar unha mancha na fronte, polo que xa non será a vaca sen manchas número un, senón a vaca cunha mancha número un (xa que é a primeira), e deberá seguir a chamar pola vaca sen manchas número dous, pasándolle o obxecto -poñamos, un bolígrafo-.

A seguinte persoa en participar deberá engadir á súa fórmula un agradecemento: Grazas, vaca cunha mancha número un. Eu son a vaca sen manchas número dous... Ao xogarmos co obxecto e non precisarmos levar unha orde preestablecida, o alumnado deberá prestar moita atención non só ao número de manchas que os compañeiros teñen na fronte, senón ao número que lle corresponde por orde a cada un deles, polo que cada vez o xogo volverase máis complexo. Desta maneira, o feito de teren que pensar na dinámica do xogo obrigaralles a ter que captar dunha forma máis inmediata o significado dos enunciados.

O xogo rematará cando algún dos participantes acade un número X de manchas na fronte que se pode establecer en consenso entre todas as persoas que forman parte do xogo.

Bingo internacional

O obxectivo da actividade é que o alumnado aprenda os nomes dos meses e dos días da semana nas catro linguas propostas (Francés, Portugués, Alemán e Grego) dunha forma interactiva e divertida. Precísase preparar os cartóns de antemán cos arquivos de imaxe que se adxuntan e cun programa de procesamento e edición de imaxes.

Para a realización pódese usar: un bol con papeis que conteñan os termos eque serán escollidos ao azar (no caso de non contar cun bombo de bingo), ou ben asignar a cada termo un número e cantar a palabra correspondente a ese número (se queremos facelo coma un bingo real). Repártense os cartóns entre o alumnado (se contamos con un número moi grande de alumnas pódese facer por parellas ou grupos) e procédese a cantar o termo que saia, pronunciando a palabra dúas ou tres veces e dando tempo a que o alumnado localice e risque o termo correspondente. Se alguén canta bingo, recóllense os cartóns e distribúense os cartóns do seguinte idioma, sendo a persoa ou persoas que cantaron bingo os que agora sacan números e cantan as palabras. Ao ser os cartóns de só doce casiñas, pódese xogar varias veces en pouco tempo

Sería interesante converter esta idea nunha app, para así non ter que imprimir os cartóns e poder renovalos en calquera momento.

Elements

Text

This is bold and this is strong. This is italic and this is emphasized. This is superscript text and this is subscript text. This is underlined and this is code: for (;;) { ... }. Finally, this is a link.


Heading Level 2

Heading Level 3

Heading Level 4

Heading Level 5
Heading Level 6

Blockquote

Fringilla nisl. Donec accumsan interdum nisi, quis tincidunt felis sagittis eget tempus euismod. Vestibulum ante ipsum primis in faucibus vestibulum. Blandit adipiscing eu felis iaculis volutpat ac adipiscing accumsan faucibus. Vestibulum ante ipsum primis in faucibus lorem ipsum dolor sit amet nullam adipiscing eu felis.

Preformatted

i = 0;

while (!deck.isInOrder()) {
    print 'Iteration ' + i;
    deck.shuffle();
    i++;
}

print 'It took ' + i + ' iterations to sort the deck.';

Lists

Unordered

  • Dolor pulvinar etiam.
  • Sagittis adipiscing.
  • Felis enim feugiat.

Alternate

  • Dolor pulvinar etiam.
  • Sagittis adipiscing.
  • Felis enim feugiat.

Ordered

  1. Dolor pulvinar etiam.
  2. Etiam vel felis viverra.
  3. Felis enim feugiat.
  4. Dolor pulvinar etiam.
  5. Etiam vel felis lorem.
  6. Felis enim et feugiat.

Icons

Actions

Table

Default

Name Description Price
Item One Ante turpis integer aliquet porttitor. 29.99
Item Two Vis ac commodo adipiscing arcu aliquet. 19.99
Item Three Morbi faucibus arcu accumsan lorem. 29.99
Item Four Vitae integer tempus condimentum. 19.99
Item Five Ante turpis integer aliquet porttitor. 29.99
100.00

Alternate

Name Description Price
Item One Ante turpis integer aliquet porttitor. 29.99
Item Two Vis ac commodo adipiscing arcu aliquet. 19.99
Item Three Morbi faucibus arcu accumsan lorem. 29.99
Item Four Vitae integer tempus condimentum. 19.99
Item Five Ante turpis integer aliquet porttitor. 29.99
100.00

Buttons

  • Disabled
  • Disabled

Form